Organizada pola Asociación de Tecores do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (XURESTEC)
28 DE XUÑO EN RIOCALDO (LOBIOS)
Primeiro… XORNADA FORMATIVA:
Lugar: Salón de actos do Hotel Balneario de Riocaldo (Lobios).
11:00 horas: Inauguración a cargo da Excelentísima Alcaldesa de Lobios, Dna. María del Carmen Salgado Yáñez.
11:15 horas: Presentación do “V Proxecto Corcino – Campaña 2015”. A Cargo de D. Antonio Mota Mogrobejo (Vogal da Xunta Directiva da Asociación do Corzo Español – ACE).
11:30 horas: A xestión do coello de monte e a nova enfermidade vírica: Bioloxía da especie, xestión cinexética, repoboacións, biotopos, rozas e vacinas. A cargo de Jaime Veiga Fontán (Presidente da Asociación SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA).
12:45 horas: Descanso
13:00 horas: Situación actual do estado sanitario dos corzos en Galicia e interese de novos estudos. A cargo de Dna. Patrocinio Morrondo Pelayo. Catedrática da área de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela). Académica numeraria na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia
13:45 horas: Acto de clausura polas Autoridades presentes.
Segundo… XORNADA GASTRONOMICA:
Lugar: Restaurante do Hotel Balneario de Riocaldo (Lobios).
Hora: 14:00 horas.
Menú: 1º Pastete de coello de monte, albardado con panceta fresca, cumberland de baias de escaramuxo e frutos roxos da Serra do Xurés. 2º Ragout de xabaril ao viño tinto merlot, con cogomelos de tempada e castañas pilongas. 3º Arroz de corzo ao estilo do Xurés. 4º Savarin de castañas marrón glace, bañado con chocolate amargo. Pan, viño, auga e café.
Prezo da entrada: 15,00 Euros. Aforo limitado de 300 persoas.
Compra anticipada ata o 24 de xuño, nos seguinte establecementos: Bar Frayma (Lobios), Bar Cubano (Lobios), Bar Emi (San Paio), Bar Corbelle (Bande), Bar Metz (Bande), Bar Entrimeña (Entrimo), Bar Os Cazadores (Riocaldo) e Bar O Cruceiro (Guntumil).