RESUMO PERIODOS DE CAZA EN GALICIA 2017/18

D.O.G. Nº 101 do 30/5/2017: RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2017/18.

Tempada xeral: 15 de outubro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018

Arcea: 15 de outubro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018. Poderase prolongar ata o día 11 de febreiro de 2018. Cota de 3 por cazador e día.

Lebre: 15 de outubro e o 26 de novembro de 2017.

Raposo: No período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en batida. Batidas desde o 2 de setembro ata o 14 de outubro de 2017, e desde o 7 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2018, os xoves, sábados, domingos e festivos.

Corzos (machos): 26 de agosto ata o 14 de outubro de 2017, en batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que poderán ser todos os días.

Corzos (femias): 2 de setembro e o 14 de outubro de 2017 ou ben entre o 7 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2018, á escolla.

Xabaril: Xoves, sábados, domingos e festivos desde o 26 de agosto de 2017 ata o 14 de xaneiro de 2018, nas modalidades de batida, montaría e espera.

Cervo, gamo e muflón: 2 de setembro ata o 1 de outubro de 2017, calquera día da semana, no caso de machos adultos e femias adultas en descaste e, con todas as modalidades, desde o 15 de outubro de 2017 ata o 14 de xaneiro de 2018, os xoves, sábados, domingos e festivos e calquera día no caso dos axexos.

Cabra montés (Tecores do Xurés): 15 de setembro de 2017 ata o 15 de marzo de 2018.

Adestramento de cans: 1 de setembro de 2017 ata o 14 de outubro de 2017 os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e desde o 15 de outubro de 2017 ata o 6 de xaneiro de 2018 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.. Nos Tecor con prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro de 2018 ata o 15 de marzo de 2018 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN: https://unitega.files.wordpress.com/2017/05/orde-vedas-2017_2018.pdf

V FESTA DA CAZA DO XURES


IV FESTA DA CAZA DO XURES


III FESTA DA CAZA DO XURES


III FESTA DA CAZA DO XURES

Organizada pola Asociación de Tecores do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (XURESTEC)

28 DE XUÑO EN RIOCALDO (LOBIOS)

Primeiro… XORNADA FORMATIVA:

Lugar: Salón de actos do Hotel Balneario de Riocaldo (Lobios).
11:00 horas: Inauguración a cargo da Excelentísima Alcaldesa de Lobios, Dna. María del Carmen Salgado Yáñez.
11:15 horas: Presentación do “V Proxecto Corcino – Campaña 2015”. A Cargo de D. Antonio Mota Mogrobejo (Vogal da Xunta Directiva da Asociación do Corzo Español – ACE).
11:30 horas: A xestión do coello de monte e a nova enfermidade vírica: Bioloxía da especie, xestión cinexética, repoboacións, biotopos, rozas e vacinas. A cargo de Jaime Veiga Fontán (Presidente da Asociación SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA).
12:45 horas: Descanso
13:00 horas: Situación actual do estado sanitario dos corzos en Galicia e interese de novos estudos. A cargo de Dna. Patrocinio Morrondo Pelayo. Catedrática da área de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela). Académica numeraria na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia
13:45 horas: Acto de clausura polas Autoridades presentes.

Segundo… XORNADA GASTRONOMICA:
Lugar: Restaurante do Hotel Balneario de Riocaldo (Lobios).
Hora: 14:00 horas.
Menú: 1º Pastete de coello de monte, albardado con panceta fresca, cumberland de baias de escaramuxo e frutos roxos da Serra do Xurés. 2º Ragout de xabaril ao viño tinto merlot, con cogomelos de tempada e castañas pilongas. 3º Arroz de corzo ao estilo do Xurés. 4º Savarin de castañas marrón glace, bañado con chocolate amargo. Pan, viño, auga e café.

Prezo da entrada: 15,00 Euros. Aforo limitado de 300 persoas.
Compra anticipada ata o 24 de xuño, nos seguinte establecementos: Bar Frayma (Lobios), Bar Cubano (Lobios), Bar Emi (San Paio), Bar Corbelle (Bande), Bar Metz (Bande), Bar Entrimeña (Entrimo), Bar Os Cazadores (Riocaldo) e Bar O Cruceiro (Guntumil).

Reconocimiento a XURESCTEC


II Fiesta de la caza del Xurés

La Asociación de Tecores del Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (XURESTEC), celebrará el próximo domingo 27 de julio la segunda fiesta de la caza, que contará con una parte formativa y otra gastronómica.

La parte formativa se centrará en analizar las principales novedades que presenta la nueva Ley de Caza de Galicia, que ya se encuentra en vigor, y los recientes cambios que ha sufrido la legislación de tráfico. Además se hablará de la seguridad en batidas y monterías, de la prevención de accidentes y de la figura del responsable de cuadrilla.

La Asociación del Corzo Español (ACE) y la Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA) colaborarán con el evento, con la exposición “Anormalidades de la cuerna del corzo” y presentando el díptico sobre “La moscarda del corzo”.

La parte gastronómica se centrará en una comida con jabalí a la bordelesa y arroz caldoso de corzo al estilo del Xurés.

La jornada se desarrollará en la localidad Ourensana de Lobios, cuyo Concello ha puesto a disposición de los cazadores sus instalaciones para desarrollar el programa de acciones formativas.

Subasta de permisos para cazar las primeras cabras del Xurés

A las 13:00 horas se procederá a la apertura de los sobres con las ofertas recibidas por los primeros recechos que se autorizan para cazar la cabra montés de los Tecores del Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.

(VER PLIEGO DE CONDICIONES DE LA SUBASTA Y MODELO DE OFERTA)

(VER PROGRAMA COMPLETO)

El tiempo en nuestro Tecor: